A Universidade do Miño lidera un proxecto europeo para promover a valorización de residuos orgánicos a través da produción dun compost rico en substancias húmicas que se forman a partir da descomposición química e biolóxica destes residuos. Preténdese diminuír a cantidade de residuos despositados en vertedoiro na rexión transfronteiriza do Norte de Portugal e de Galicia, apostando pola  compostaxe como instrumento de xestión. O proxecto “Valorización de Residuos Orgánicos: Produción de Sustancias  Húmicas” ( Res2 ValHum) foi un dos proxectos aprobados no Programa  Interreg V-A España – Portugal,sendo financiado pola Unión Europea cun importe superior a 2,1 millóns de euros.

Os residuos orgánicos producidos na rexión serán caracterizados e o compost obtido será optimizado en relación ao seu contido en sustancias  húmicas. O perfil químico e a actividade biolóxica do compost serán avaliados. Este tipo de residuos distínguese por ser “rico en  ácidos  húmicos”, o que aumenta a súa capacidade de retención de auga e súa acción  fertilizante, podendo ser  reaproveitado tamén para o tratamento de solos agrícolas, así como na  elaboración de produtos  cosméticos e  nutraceuticos  (suplemento nutricional con valor terapéutico).

“Esta nova aposta abre portas á creación de novas áreas de negocio e emprego relacionadas coa produción de artigos de elevado valor engadido, contribuíndo  ao desenvolvemento dunha economía verde neste espazo de cooperación”, explica  Fernanda  Proença, investigadora do Centro de Química da  Uminho, responsable do  proxecto. Preténdese tamén aumentar a cantidade e calidade do compost producido, non só polas entidades socias do proxecto, senón tamén por outras entidades desta rexión.

Aprobado no ámbito do programa de cooperación transfronteiriza España-Portugal, este proxecto estenderase ata 2020 e conta, en calidade de socios, co Centro para a Valorización de Residuos, con Lipor – Servizo  Intermunicipalizado de Xestión de Residuos do gran Porto, con  Braval – Valorización e Tratamento de Residuos Sólidos e, por parte española, coa Sociedade Galega do Medio Ambiente, coa Universidade de Santiago de Compostela e co Centro de  Valorización Ambiental  del Norte.

Contactos:
Prof. Fernanda Proença – 253604379, fproenca@quimica.uminho.pt
Prof. Dulce Geraldo – 253604053, gdulce@quimica.uminho.pt

 

             

         

 

 

    

 

2017 – Res2ValHUM – Valorização de Resíduos Orgânicos: Produção de Substâncias Húmicas
design & site: TECField