No ámbito da Semana do Mundo Rural 2017, organizada polo Municipio de Braga, foi presentada a charla: Valorización de residuos orgánicos e mellora da produción agrícola, o día 14 de setembro de 2017. Na mesma foron presentados os principais obxectivos do proxecto  Interreg  Res2ValHum no ámbito da optimización do proceso de  compostaxe, presentándose como unha contribución á economía verde. Os relatores da Universidade do Miño, Ana Paula  Estevão, do Centro de Química, e Rui Oliveira, do Centro de Investigación e de Tecnoloxías  Agro-Ambientais e Biolóxicas ( CITAB), pertencen ao equipo do Proxecto  Interreg “Valorización de Residuos Orgánicos: Produción de Substancias  Húmicas”, liderado pola Universidade do Miño. No proxecto participan socios da Galicia, concretamente, SOGAMA, CVAN e a Universidade de Santiago de Compostela, ademais de empresas do Norte de Portugal, Lipor, Braval e  CVR.

 

             

         

 

 

    

 

2017 – Res2ValHUM – Valorização de Resíduos Orgânicos: Produção de Substâncias Húmicas
design & site: TECField