SOGAMA

Sogama é unha empresa pública autonómica, creada no ano 1992 e participada pola Xunta de Galicia nun 51%  (socio público) e polo Grupo Gas Natural Fenosa nun 49% (socio privado), que se atopa adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sendo o seu cometido xestionar, dunha forma sostible, os residuos urbanos producidos na maior parte da comunidade autónoma galega. Para isto sérvese dun modelo que prioriza a aplicación da estratexia comunitaria dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe), ás que engade a recuperación enerxética da fracción non reciclable, utilizando tecnoloxías de última xeración coas que garante un proceso industrial de alta eficiencia e baixas emisións, posibilitando a súa plena compatibilidade coa protección do medio ambiente e a saúde pública.

 

A compañía dá servizo a un total de 294 concellos galegos (o 94% do total) que aglutinan a máis de 2.260.000 habitantes, tratando cada ano preto de 800.000 toneladas de residuos domiciliarios. Para levar a cabo a súa actividade, a entidade conta cunha potente infraestrutura industrial conformada  por un complexo medioambiental, ubicado na localidade de Cerceda (A Coruña),  complementado cun vertedoiro auxiliar de residuos non perigosos e unha rede de plantas de transferencia (37 en total, das cales 20 están baixo a súa titularidade) distribuídas estratexicamente polo territorio galego.

A curto prazo, a entidade procederá á ampliación do seu complexo industrial, que pasará de tratar 550.000 toneladas a 1 millón, circunstancia que lle permitirá aumentar a súa achega á reciclaxe e minimizar o vertido, á vez que porá en marcha unha planta de compostaxe industrial, con capacidade para 15.000 toneladas anuais, e expandirá o seu programa de compostaxe doméstica.

E todo isto aderezado coa firme aposta polo ferrocarril como medio de transporte preferente, prevendo mover por tren o 55% dos residuos no ano 2018.

 

Contactos:

Morzós, Nº10, baixo
San Román-Encrobas
15187 Cerceda, A Coruña (Galicia-España)

Tfnos: 981698500/14/11
Fax: 981686064

Correo electrónico página web: cmc@sogama.es

http://www.sogama.es/gl/contact

www.sogama.es

 

Mónica Pérez Álvarez, Responsable del Departamento de I+D+i. Tfno directo: 981698514. E-mail: mperez@sogama.es

Teri Campos Mosquera, Responsable de Comunicación. Tfno directo: 981698511. E-mail: teric@sogama.es

Isidro García Téllez, Director General. Tfno directo de su secretaria: 981698502. E-mail: isidrogarcia@sogama.es

Javier Domínguez Lino, Presidente de Sogama. Tfno directo de su secretaria: 981698503. E-mail: javierdominguez@sogama.es

 

             

         

 

 

    

 

2017 – Res2ValHUM – Valorização de Resíduos Orgânicos: Produção de Substâncias Húmicas
design & site: TECField