O Proxecto

Res2ValHUM – Valorización de residuos orgánicos: produción de sustancias húmicas

O proxecto, liderado pola Universidade do Minho, foi un dos proxectos aprobados na Primeira Call do Programa Interreg V-A España – Portugal, cun importe superior a 2,1 millóns de euros. Este proxecto insérese no Eixo 3 “Crecemento sustentable a través da cooperación transfronteiriza para a prevención de riscos e mellor xestión dos recursos naturais” e conta coa participación de socios de Galicia, en particular SOGAMA e CVAN, e coa Universidade de Santiago de Compostela. Participan tamén as empresas do norte de Portugal, Lipor e Braval, así como o CVR. Os obxectivos xerais consisten na promoción da compostaxe como instrumento de xestión de residuos orgánicos, coa conseguinte redución da cantidade de residuos depositados en vertedoiros, e a valorización do compost producido en aplicacións de alto valor engadido. Os fluxos de residuos orgánicos producidos na rexión do Norte de Portugal e Galicia serán caracterizados e o compost producido será avaliado e optimizado en canto ao contido en substancias húmicas, ao seu perfil químico e actividade biolóxica. Preténdese deste xeito aumentar a cantidade e calidade do compost producido, non só polas institucións asociadas do proxecto, senón tamén por outras entidades desta rexión. As substancias húmicas teñen capacidade de retención de auga, intercambio iónico e fertilizante, e teñen aplicación no tratamento de solos agrícolas para reducir a súa degradación. Exponse mesmo a súa posible utilización en produtos cosméticos, nutracéuticos, entre outros, potenciando novas áreas de negocio e emprego.

 

             

         

 

 

    

 

2017 – Res2ValHUM – Valorização de Resíduos Orgânicos: Produção de Substâncias Húmicas
design & site: TECField