Estrategias

Consistencia e relevancia do proxecto para a estratexia UE 2020:

O proxecto é coherente coa estratexia UE 2020, que non só define o crecemento intelixente, senón tamén o crecemento sostible.

Neste contexto, e sobre a base do anterior Programa Europeo de Medio Ambiente, a Comisión aprobou a Comunicación “Folla de ruta para unha Europa eficiente no uso dos recursos” (COM (2011) 572 final, Bruxelas, 20.09.2011), que é un documento para afrontar non só retos ambientais futuros, senón tamén retos sociais e económicos. O documento foi a base para o desenvolvemento do programa actual para o medio ambiente (sétimo programa). Este proxecto é congruente cos documentos anteriores, que definen as formas de resposta aos retos locais, rexionais e globais de forma integrada e coherente. O norte de Portugal e Galicia son rexións onde o compoñente agrícola é un factor predominante. Asegurar a calidade do solo é a base do éxito de calquier cultura productiva e require o apoio de especialistas.

A rexión tamén ten coñecemento relevante nesta área. O proxecto está orientado á implementación dun proceso de compostaxe que permita a obtención dun produto cun alto contido de sustancias húmicas. As competencias de base nesta área son complementarias entre os socios en Galicia (Universidade de Santiago de Compostela, na persoa do Prof. Felipe Macías e a empresa CVAN), especialistas en recuperación / remediación de solos e cunha ampla experiencia sobre todo no ámbito dos tecnosolos, e o Norte de Portugal (Universidade do Minho e CVR), con traballos recoñecidos na área da compostaxe (Departamento de Enxeñaría Biolóxica) e a capacidade de caracterizar a actividade fitotoxicolóxica (CITAB) e de analizar os materiais orgánicos producidos (Departamentos de Química e de Enxeñaría de polímeros).

A participación de empresas como LIPOR e BRAVAL, na parte portuguesa, e SOGAMA, en Galicia, permitirá trasladar á escala industrial o tratamento controlado de residuos urbanos orgánicos.

As boas prácticas da recollida selectiva e da compostaxe consolidadas por LIPOR serán transferidas a BRAVAL e a SOGAMA para apoiar a estas empresas, portuguesa e galega, no desenvolvemento de competencias análogas. O coñecemento adquirido poderá será transferido ós principais actores nesta área – os agricultores no Norte de Portugal e Galicia – para que apliquen as prácticas de recollida selectiva e técnicas de compostaxe ós seus residuos orgánicos verdes para o seu uso posterior na produción de cultivos. En resumo, podemos considerar que o proxecto atópase perfectamente aliñado cunha das áreas definidas como prioritarias no documento da Estratexia Rexional de especialización intelixente e corresponde ó dominio de especialización (VII) – Sistemas Agroambientais e Alimentación.

Este proxecto xunta a preocupación pola calidade da produción agrícola, que depende moito das características dos solos, e os aspectos ambientais que implican a xestión e transformación da apreciable cantidade de residuos urbanos orgánicos producidos diariamente.

O compost obtido a partir destes residuos atopará aplicación inmediata como fertilizante / substrato / corrector de solos, e, a medio / longo prazo, deberá xerar produtos de alto valor engadido na área de nutracéuticos e suplementos alimentarios, que son cada vez máis demandados no mercado.

 

             

         

 

 

    

 

2017 – Res2ValHUM – Valorização de Resíduos Orgânicos: Produção de Substâncias Húmicas
design & site: TECField