O Día da Cooperación Europea celebra os beneficios e resultados da Cooperación Territorial a través de diversos eventos na Unión Europea. Esta iniciativa da Comisión Europea, organizada coa colaboración do INTERACT, e na cal o Programa INTERREG VA España-Portugal participa habitualmente, tivo lugar o 21 de setembro 2017. O proxecto Res2ValHum, INTERREG VA España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, “Valorización dos residuos orgánicos: produción de substancias húmicas” está liderado pola Universidade do Miño (UMinho) e conta coa participación do Servizo Intermunicipalizado de Xestión de Residuos do gran Porto (LIPOR), do Centro para a Valorización de Residuos (CVR) e de Valorización e Tratamento de Residuos Sólidos, S.A. (BRAVAL). E, por parte de Galicia, da Universidade de Santiago de Compostela (USC), o Centro de Valorización Ambiental do Norte (CVAN) e a Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA). No marco deste proxecto foron desenvolvidos e expostos carteis conmemorativos do Día da Cooperación Europea polos socios.

 

             

         

 

 

    

 

2017 – Res2ValHUM – Valorização de Resíduos Orgânicos: Produção de Substâncias Húmicas
design & site: TECField