Contribución á estratexia de cooperación e temática do programa POCTEP 2014-2020:
O proxecto é coherente coa Prioridade de Investimento 6F POCTEP 2014-2020: “Promover tecnoloxías innovadoras para mellorar a protección ambiental e a utilización eficiente dos recursos nos sectores dos residuos, auga e solo e reducir a polución atmosférica” e pretende contribuír á mellora da xestión dos recursos naturais, en particular a través da implementación dunha capacidade adicional para a reciclaxe de residuos, neste caso os residuos orgánicos.
A prioridade de investimento na que se enmarca o noso proxecto está amplamente xustificada na estratexia territorial do Programa Operativo, que destaca na liña ibérica a necesidade de contribuír á mellora da xestión dos residuos naturais e ó aumento da sostibilidade ambiental neste territorio.
Entre os exemplos / tipos de accións a financiar polo programa dentro deste tema, entre outras posibilidades, destacan:
- accións de sensibilización / capacitación para a sostibilidade ambiental
- prácticas de agricultura de base biolóxica
- a remediación de solos a través de procesos naturais
- redución da produción de residuos, aumento da recollida selectiva e o aumento da reciclaxe
As accións propostas contribuirán á Estratexia Territorial do Programa Operativo, de acordo cos exemplos mencionados no P.O., xa que están relacionados coa mellora das taxas de recollida selectiva e do aumento da reciclaxe e reutilización de residuos, neste caso orgánicos.